Xosé Humberto Baena: 51 anos despois, Vigo lembra a súa memoria
Cartel en homenaxe aos fusilados nas rúas de Vigo, setembro de 2026
Por Miguel Hernández Bernárdez
O vindeiro domingo 27 de setembro de 2026, ás 12:00 horas, celebrarase no Cemiterio Municipal de Pereiró, en Vigo, un acto de lembranza a Xosé Humberto Baena Alonso, cando se cumpren 51 anos do seu fusilamento.
Baena, vigués, tiña 24 anos cando foi executado o 27 de setembro de 1975 en Hoyo de Manzanares, Madrid. Aquel mesmo día foron fusilados tamén José Luis Sánchez-Bravo Solla, Ramón García Sanz, Ángel Otaegi Etxebarria e Jon Paredes Manot, Txiki. Foron as últimas cinco execucións levadas a cabo pola ditadura franquista.
Baena fora condenado a morte nun consello de guerra pola morte do policia armado Lucio Rodriguez. El mantivo ata o final, a súa familia, que era inocente. Co paso dos anos, os seus familiares continuaron reclamando a revisión daquel proceso. Documentais e investigacións posteriores recolleron graves cuestionamentos sobre as garantías xuridicas dos consellos de guerra celebrados naqueles meses.

As execucións do 27 de setembro de 1975 provocaron unha forte reacción internacional, con protestas en diferentes países europeos e peticións para que as penas de morte fosen conmutadas.
Máis de medio século despois, a homenaxe de Pereiró volve colocar o nome de Baena no lugar onde naceu e viviu parte da súa mocidade: Vigo. Será un momento de lembranza, pero tamén unha oportunidade para achegar esta historia ás persoas que non naceran en 1975 e para preservar a memoria duns acontecementos que forman parte da historia recente de España.
Entre as palabras que Baena deixou escritas antes de morrer quedou unha petición que posteriormente recolleu o documental Septiembre del 75:
Que a miña morte sexa a última que dite un tribunal militar.
HOMENAXE A XOSÉ HUMBERTO BAENA
51 aniversario – 1975-2026
Domingo 27 de setembro de 2026 – 12:00 horas
Cemiterio Municipal de Pereiró – Vigo
Memoria para que a historia non caia no esquecemento.
#27SResistenciaAntifranquista #AlAlba
#27DeSeptiembre #VientosDeDignidad #27sep75
Comparte, tus amig@s lo agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@; Friendica: Loquesomos;
UpScrolled: @LQSomos; Telegram: LoQueSomosWeb;
Bluesky: LQSomos; Facebook: LoQueSomos;
Instagram: LoQueSomos; WhatsApp: LoQueSomos;
Youtube: @LoquesomosAudiovisual
