Homenaxe Popular a José Luis Sánchez-Bravo Solla

Homenaxe Popular a José Luis Sánchez-Bravo Solla

Por Axencia LQS

José Luis Sánchez-Bravo Solla (Vigo, 1954 – Hoyo de Manzanares, Madrid, 1975) era un estudante de 21 anos. Activista antifranquista, membro do PCE (m-l) e do FRAP. Casado con Silvia Carretero, compañeira da organización que faleceu en abril de 2025, estaba a piques de ser pai; nunca coñecería á súa filla. Condenado a morte e executado por un grupo de voluntarios da Policía Armada…

Este pasado sábado 25 de outubro, o centro cultural de Vincios (Gondomar, Pontevedra) acolleu un acto en memoria de José Luis Sánchez-Bravo Solla, un dos últimos fusilados polo réxime franquista, con só 21 anos, o 27 de setembro de 1975, xunto a outros catro mozos antifascistas: Xose Humberto Baena Alonso e Ramón García Sanz, membros da FRAP; e Ángel Otaegi e Jon Paredes «Txiki» de ETA.
Un evento organizado pola Asociación de Vigo, Verdade Memoria e Xustizia, cuxo presidente é Xavier Moreda e vicepresidente é Suso Vázquez, quen traballou incansablemente e con moitas dificultades para obter, grazas a el, un tan agardado recoñecemento público do concello de Gondomar para o activista antifascista José Luís Sánchez-Bravo Solla.
Os veciños puideron honrar o mozo nado na parroquia nun encontro ao que asistiu a súa irmá Victoria Sánchez-Bravo Solla, e onde se instalou unha placa conmemorativa na que o nome de José Luis permanece escrito para sempre.

#27SResistenciaAntifranquista #AlAlba
#27DeSeptiembre #VientosDeDignidad #27sep75

27-9-1975: Prohibido olvidar

Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQ*****@*******ch.es Telegram: LoQueSomosWeb
Bluesky: LQSomos; Twitter: @LQSomos Facebook: LoQueSomos
Instagram: LoQueSomos WhatsApp: LoQueSomos;

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.