Os Franco espolian bens mobles do Pazo de Meirás coa complicidade do Estado e a total pasividade da Xunta de Galiza

Os Franco espolian bens mobles do Pazo de Meirás coa complicidade do Estado e a total pasividade da Xunta de Galiza

Por CRMH*

A pésima xestión do Estado na defensa da titularidade pública dos bens mobeis do Pazo de Meirás, fan que os Franco saquen nestes días, todo tipo de elementos que van máis aló de bens persoais ou posteriores ás etapas de Emilia Pardo Bazán e do ditador Franco

O Estado suspende de xeito unilateralemente e unha vez máis, as visitas programadas para hoxe venres no Pazo de Meirás, para que a empresa contratadas polos Franco podan seguir cos traballos de desmontaxe e extracción dos bens. Todo elo coa pasividade da Xunta de Galiza

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que ainda existe pendente unha resolución xudicial sobre parte deles) tivo estes dias un lamentábel novo capítulo, ao autorizarse a desmontaxe e saída de Meirás dunha cantidade sorprendente de bens mobles que van moito máis aló de elementos de carácter persoal, ou bens que teñen unha vinculación co Pazo posterior á morte do ditador Franco, dentro do listado de máis de 400 elementos que non foron demandados polo Estado.

Desde a CRMH da Coruña denunciamos publicamente que os Franco están a sacar de Meirás bens ligados coa etapa do ditador Franco, como resultado dun proceso no que estes bens non foron defendidos axeitadamente polo Estado.

É máis, non so levan días sacando bens os Franco de Meirás, senón que o Estado está a colaborar de xeito inmoral na xestión da saída destes bens, pechando o Pazo en exclusiva para os Franco para que estes executen un novo espolio de bens, que se suman aos que tamén remataron en casas de subastas e antigüidades con anterioridade a que o Estado tomase posesión da propiedade en decembro do ano 2020.

A Xunta de Galiza debe dar explicacións tamén

O Estado actuou con total opacidade, onde incluso algúns medios de comunicación nos trasladaron o malestar pola falta de comunicación e información por parte do Estado, e mesmo as trabas para poder desenvolver o traballo de información cunha mínima normalidade, poñendo todos os medios para evitar a existencia de imaxes dos camións sacando elementos de valor cara a casa de subastas contratada pola familia Franco. Diante destes feitos, o Estado a través do Ministerio de Memoria Democrática, debe dar as explicacións oportunas, e no seu caso asumir as responsabilidades políticas que correspondan.

A CRMH da Coruña tamén se pregunta se a Xunta de Galiza cumpriu coas súas obrigas de control, supervisión e previa autorización destes traballos que mesmo supuxeron a instalación de andamios para a desmontaxe de elementos neste ben, que lembremos, ten a máxima protección en materia de patrimonio cultural (Ben de Interese Cultural). Solicitamos que a Xunta de Galiza aclare esta cuestión publicamente

Nova suspensión de visitas públicas para hoxe venres

A CRMH da Coruña ten denunciado en moitas ocasións o flagrante e constante incumprimento por parte do Estado dos dereitos da cidadanía nas condicións nas que se celebran as visitas públicas no Pazo de Meirás.

Por senón chegase isto, o Estado no día de hoxe, unha vez máis e e de xeito unilateral, decide suspender as visitas programadas a persoas que pecharan estas desde fai moito tempo, e que nalgún caso son desprazados desde outros puntos do Estado español, aos que non se lles ofrece ningún tipo de alternativa sobre un calendario onde xa non existen prazas para este mes de agosto.

O Estado prioriza así, de xeito abusivo e inxustificado, os intereses espoliatorios da familia Franco sobre un dereito da cidadanía recollido na Lei de Patrimonio Cultural de Galiza, sumándose este aos incumprimentos constantes do Estado en relación coas condicións nas que se celebran as visitas en Meirás.

É por elo que desde a CRMH da Coruña esiximos da Xunta de Galiza que proceda á apertura do correspondente expediente sancionador, e que exerza as súas competencias para garantir os dereitos da cidadanía.

A liquidación do estado posesorio do Pazo de Meirás

Estes precedentes, tan pouco edificantes e normais nunha sociedade democrática, non convidan á confianza ao respecto do capítulo pendente que queda por executar en, relación co recollido na sentenza do TS do pasado mes de marzo, sobre a titularidade do Pazo de Meirás.

Lembremos que este fallo, recoñece o dereito dos Franco a ser liquidados polos gastos de útiles e necesarios (mantemento e melloras) desde 1975 ate o 2019. Sentenza que considera aos herdeiros de Franco como posuidores de “boa fe”.

Reclamamos do Estado un comportamento democrático normal e de transparencia neste proceso. Como tamén continuamos a reclamar o xa demando en múltiples ocasións sobre o usos público do Pazo, coa participación da sociedade galega, para converter Meiras nun verdadeiro lugar de memoria de disfrute da cidadanía galega.

* Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Galiza en LoQueSomos

Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@; Friendica: Loquesomos;
UpScrolled: @LQSomos; Telegram: LoQueSomosWeb;
Bluesky: LQSomosFacebook: LoQueSomos;
Instagram: LoQueSomos; WhatsApp: LoQueSomos;
Youtube: @LoquesomosAudiovisual

Un comentario en «Os Franco espolian bens mobles do Pazo de Meirás coa complicidade do Estado e a total pasividade da Xunta de Galiza»

  1. Expolio previsible. Hacía falta la EXPROPIACIÓN que no se realizó a pesar del «interés público» de ese espacio arquitectónico ROBADO por el dictador fascista y su familia de ladrones. Mal vamos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.