A Coruña: presentan o manifesto “Non queremos a Manuel Fraga como fillo adoptivo”
Por Axencia LQS
O manifesto foi presentado na Coruña el 14 de xaneiro, por 10 persoas (4 en representación de presas/os políticas/os na ditadura e 6 de familiares de vítimas do franquismo) ben hoxe, 15 de xaneiro, se celebra o falecemento de Manuel Fraga.
O manifesto, impulsado por 45 vítimas do franquismo da comarca da Coruña (presas e familiares) está a ter un amplo apoio social con 100 persoas da cultura, profesionais e 60 entidades da comarca.
Os concellos de Ferrol, Cedeira, Cambados e Cariño xa retiraron rúas e distincións a Manuel Fraga. O colectivo vai pedir aos grupos municipais da Coruña e Betanzos e aos grupos da Deputación da Coruña que presenten iniciativas para retirar a Fraga todo tipo de distincións, concedidas na ditadura (1965, 1966 e 1968).
Lembramos que o acordo político de PSOE e BNG para os orzamentos municipais da Coruña para o ano 2026 inclúe: “Aplicación da Lei de Memoria Democrática, incluíndo a retirada de honores e distincións a persoas vinculadas ao golpe de 1936 e á ditadura franquista”, que é de total aplicación a Manuel Fraga.
Tamén se anunciou a celebración dun acto público de presentación do manifesto o venres, 30 de xaneiro, ás 19,30 horas no Circo de Artesáns da Coruña, baixo o título: RECUPERANDO A MEMORIA, NON QUEREMOS A MANUEL FRAGA COMO FILLO ADOPTIVO.
O colectivo de vítimas do franquismo ofrécese a institucións, entidades memorialistas e sindicatos do ensino para participar en actividades nos centros de ensino para explicar o que foi a ditadura e a represión, en aplicación do artigo 44 da Lei de Memoria Democrática.
O colectivo continuará traballando en contactar con presas/os e familiares de vítimas da comarca da Coruña, de Galiza e do Estado para desenvolver actividades conxuntas.
Manuel Fraga nomeou a Julio Iglesias como embaixador do Xacobeo 93. O manifesto lembra o tratamento que daba Fraga ás mulleres do mineiros asturianos en folga en 1962. Fraga chamaba “piojosas” ás mulleres que eran rapadas no cuartel da Garda Civil, golpeadas, humilladas e paseadas polas rúas de Langreo.
Non queremos a Julio Iglesias de embaixador de Galiza e imos pedir á Xunta que retire esa distinción e que pida a Julio Iglesias que devolva os 300 milllóns de pesetas que cobrou da Xunta de Fraga.
⇒ Manifesto “Non queremos a Manuel Fraga como fillo adoptivo”
⇒ Participación de Manuel Fraga na represión desde o consello de ministros da ditadura
Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es; Friendica: Loquesomos;
Telegram: LoQueSomosWeb; Bluesky: LQSomos;
Twitter: @LQSomos; Facebook: LoQueSomos;
Instagram: LoQueSomos WhatsApp: LoQueSomos;
