446 placas franquistas en 135 rúas da Coruña
Por Manuel Monge González*
Vitoria, alcaldesa do PSOE, vai retirar 38 placas franquistas de 20 rúas.
A Coruña, alcaldesa do PSOE, mantén 446 placas franquistas de 135 rúas.
Un comunicado do concello de Vitoria-Gasteiz de 24 de abril de 2026 informaba que a alcaldesa Maider Etxebarria (PSOE) vai enviar cartas a 38 comunidades de veciños de 20 rúas para que retiren placas franquistas co xugo e as frechas da fachada dos seus edificios. Informa a alcaldesa que non terá ningún custo para a veciñanza porque o concello asumirá os gastos.
Este concello xa realizou actuacións semellantes en 2018, enviando 148 cartas, que permitiron a retirada de 58 placas, e outro envío en 2020. Explica a alcaldesa do PSOE que esta actuación se enmarca no Plan de Memoria Histórica “co obxectivo de seguir avanzando na construción dunha cidade máis xusta, respectuosa e comprometida con valores democráticos”.
O Concello de Barcelona xa retirou 1.100 placas franquistas co xugo e as frechas. O Concello de Paterna (Valencia) acordaba en marzo de 2011 por unanimidad (alcaldía do PP) retirar 343 placas.
Benidorm “El PSOE reclama retirar las placas franquistas de varios edificios” en aplicación da Lei de Memoria Democrática. Para Toni López, concelleiro do PSOE; “La retirada de estos símbolos es una cuestión de decencia democrática para poner punto y final a la presencia en la ciudad de estos elementos de la dictadura de Franco que tantas muertes y sufrimientos provocó” (publicado en Ciudadano, 26-4-2024).
“PSOE pide a la alcaldesa de Santander [PP] que retire las placas franquistas del callejero” (Europa Press, 25-3-2025).
Como contraste, A Coruña, cunha alcaldesa do PSOE, Inés Rey, que é o máximo cargo do PSOE na Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), como vicepresidenta, mantén 446 placas en 135 rúas, repartidas por todos os barrios da cidade. Non son estes os únicos restos do franquismo porque A Coruña mantén 570 elementos contrarios á memoria democrática, é dicir, ilegais, unha vergoña!
¿Retirar as placas franquistas na Coruña non é unha cuestión de decencia democrática e de cumprimento da lei?
Sentenzas xudiciais obrigan a retirar placas franquistas. O Pleno de Palencia (alcalde Alfonso Polanco, do PP) de 18-12-2014 rexeitaba unha proposta de IU para retirar placas franquistas. Unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Palencia de 15-4-2016 condenaba ao concello de Palencia a “retirar en el plazo de dos meses las placas de cuantas viviendas de toda la ciudad que tengan placa del Instituto Nacional de la Vivienda por tener el escudo fascista”.
Estas son algunhas das rúas da Coruña que teñen máis placas franquistas:
Rúa Baldaio, no barrio dos Mallos: 12 placas.
San Isidoro, Sagrada Familia: 11.
Pacual Veiga, Agra do Orzán: 11.
La Merced, Os Castros: 11.
Agra da Bragua, Labañou: 10.
Páramo, Agra do Orzán: 10.
Rúa Santo Tomás no barrio de Monte Alto: 10.
San Lucas, na Sagrada Familia: 10.
* Sociólogo, autor do libro “Usted debería saber”, de Manuel Monge, que está publicado na colección Endovelia de Edicións Laiovento.
Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@nobigtech.es; Friendica: Loquesomos;
UpScrolled: @LQSomos; Telegram: LoQueSomosWeb;
Bluesky: LQSomos; Twitter: @LQSomos;
Facebook: LoQueSomos; Instagram: LoQueSomos;
WhatsApp: LoQueSomos;
