Gadis, Froiz e o comercio de alimentación sairon a rúa por un convenio digno

Gadis, Froiz e o comercio de alimentación sairon a rúa por un convenio digno

Por Miguel Hernández Bernárdez

Traballar para vivir, non vivir unicamente para traballar

Os traballadores e traballadoras do comercio de alimentación da provincia da Coruña levan meseses protagonizando unha loita que vai moito máis alá dunha cifra nunha nómina. Reclaman salarios dignos, mellores condicións laborais, recoñecemento da antigüidade, redución das cargas de traballo e unhas xornadas que permitan conciliar a vida laboral coa familiar.

Detrás dos mostradores de carnicería, peixería, chacinaria, caixas e estantes dos nosos supermercados hai miles de persoas que fan posible cada día algo tan cotián como que os alimentos chequen ás nosas casas.
Detrás desa normalidade tamén existe unha realidade laboral que poucas veces ve o consumidor.

Os sindicatos CIG, CCOO, UGT e USO manteñen aberto un conflito coa patronal do comercio de alimentación da Coruña pola negociación dun novo convenio colectivo. Gadis e Froiz, dúas das principais empresas do sector, ocupan un papel central nesta negociación.

As organizacións sindicais denuncian salarios insuficientes, exceso de xornadas, contratos a tempo parcial e, especialmente, a ausencia dun verdadeiro recoñecemento económico da antigüida- de CCOO denunciou que existen traballadores e traballadoras con décadas de servizo que continúan percibindo salarios moi redicidos, mentres que a CIG sinala as diferenzas respecto ao convenio de Pontevedra.

As diferenzas entre traballadores e empresarios non se resolve- ron malia meses de negociacións e mobilizacións. Durante xuño e agosto producironse varias xornadas de folga e as protestas continuaron durante setembro. O pasado dia 10, traballadores e sindicatos permaneceron durante doce horas diante do supermercado Gadis de Monte Alto, na Coruña.

A patronal sostén que non existe un bloqueo da negociación e asegura ter presentado propostas salariais, entre unha subida do 4% este ano e aumentos acumulados posteriores. Os sindicatos consideran esas medidas insuficientes para recuperar o po- der adquisitivo e solucionar problemas como a antigüidade, as xornadas ou a conciliación.

O conflito vuelve ás rúas da Coruña. 0 domingo 20 de setembro, traballadores e traballadoras procedentes de distintos puntos da provincia participaron nunha manifestación que partitás 12:00 horas de Catro Camiños e percorreu a cidade ata os Jardins de Méndez Núñez.

Non se trata soamente de números.
Porque detrás de cada supermercado hai persoas. Porque detrás de cada salario hai unha familia. E porque un traballo digno debe permitir tamén unha vida digna.

Más artículos del autor
Galiza en LoQueSomos

Comparte este artigo, os teus amigos o agradecerán…
Mastodon: @LQSomos@; Friendica: Loquesomos;
UpScrolled: @LQSomos; Telegram: LoQueSomosWeb;
Bluesky: LQSomosFacebook: LoQueSomos;
Instagram: LoQueSomos; WhatsApp: LoQueSomos;
Youtube: @LoquesomosAudiovisual

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.